martes, 10 de noviembre de 2009
Googelandia e a súa cultura empresarial
Para ver como se motivan os traballadores de Google, basta con ver as súas oficinas en Zurich, tamén chamadas “Googelandia”
Dous españois dirixen en Google a comunidade Panoramio, que está ilustrando con fotografías os mapas do buscador.
Eduardo Manchón e Joaquín Cuenca teñen 31 anos, mozos como todo o persoal, e comparten lugar de traballo con dous compañeiros. Nos seus intres libres xogan ao Guitar Hero ou ao billar ou visitan a sala de relaxación decorada con acuarios repletos de peixes de cores, e son os fundadores de Panoramio, o sistema que permite publicar fotografías nos mapas vía satélite de Google Earth, que o buscador comprou en maio de 2007.
Nunca se soubo canto gañaron con esta compra. Eles aseguran que non tanto como para retirarse para sempre ("dependendo do que gastes") e o que lles motiva é seguir adiante co seu proxecto, ao que máis dunha vez cualifican de "o noso neno".
Xa hai cinco millóns de fotos en Panoramio, que ensinan un monumento ou lugar no punto exacto onde foi tomada. "Fotografar todo o mundo? Depende de ata onde queira chegar a comunidade", asegura Eduardo, quen subliña que en Panoramio son os usuarios quen marcan a dirección do proxecto.
"O sistema é o que mide a popularidade das fotos, dependendo da calidade, o tamaño ou as visitas que recibiu. Non se poden desvelar todos os segredos", comenta Eduardo, quen recoñece que hai certos sitios onde hai unha gran competitividade, como a Torre Eiffel, a Estatua da Liberdade ou a Praza de San Pedro no Vaticano. "Pero cada vez hai máis interese por mostrar sitios recónditos, ser o primeiro en publicar unha foto de determinada zona é tamén motivo de orgullo", engade Joaquín.
"Sempre vimos que Panoramio encaixaba perfectamente con Google", di Eduardo a quen se lle fai difícil pensar que tan só pase un ano e medio desde que lanzasen o Panoramio.
Os dous traballaban fóra de España. Joaquín en Paris como programador, e Eduardo en Alemaña como consultor independente. Un día Joaquín mostroulle a Eduardo como encaixara a foto da súa casa no Google Earth, e a partir de aí puxéronse a traballar. Un das súas grandes vantaxes foi ser unha das primeira aplicacións desenvolvidas para Google Earth, o que lle facilitou estar en contacto coa compañía, que en poucos meses, engadiulles como un enlace dentro do seu mapamundi interactivo. "Nunca pensamos que ían incorporar directamente as fotos en Google Earth. Multiplicamos por 30 o noso tráfico nun só día", recordan ambos aínda con asombro. A partir de alí, o conto de fadas, fíxose realidade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario