viernes, 9 de abril de 2010

Ser adicto ao traballo


Aínda que pareza mentira hai persoas que non poden desconectar do seu traballo e, ademais de dedicarlle máis horas das que lle corresponden a esta actividade, centran toda a súa vida no desenvolvemento profesional.

Podes saber máis do tema na seguinte noticia de EL PAÍS

Dous traballos a elixir




Descarga o seguinte enlace onde se explica en que consisten os traballos propostos:

miércoles, 10 de marzo de 2010

Actividade: Negociación laboral



Descarga o seguinte documento para traballar aspectos referentes á negociación no ámbito laboral

O traballo é individual e terás que colgalo no teu blog. Posteriormente será comentado na clase.

viernes, 15 de enero de 2010

Actividade 22/01/10: Dirección e liderado



Cando fixestes a actividade do traballo en equipo, vistes a diferenza que existía entre un xefe e un líder. Así, podemos dicir que un xefe é imposto pola dirección e non necesariamente aceptado polos seus subordinados.


É fácil ser xefe, pero difícil chegar a ser líder. Moitos altos executivos teñen o poder formal, cedido pola organización, pero non teñen o poder que lles concede o equipo.
O verdadeiro líder consegue que lle sigan, non pola autoridade formal que posúe, senon pola autoridade que lle conceden os seus seguidores.

Agora faremos unha actividade individual a colgar no voso blog, traballando contidos relativos á dirección da empresa, como por exemplo:

  • Funcións da dirección.
  • Estilos de dirección.
  • Teorías sobre o liderado.
  • Etc.

Podes ver o enunciado da actividade no ENLACE

jueves, 3 de diciembre de 2009

Organización do traballo (made in Spain)


As tarefas deben estar ben distribuídas para que a empresa funcione de xeito eficiente e así ter unha alta produtividade.
O fastidiado é que che toque ser Paco.

Actividade (4/12/09): Os equipos de traballo


É unha actividade para realizar en grupo (poden ser 2,3,4 ou 5 persoas, aínda que o ideal sería de 4 ou 5), así que contacta coas túas compañeiras para formalo.

Descarga o traballo a desenvolver no seguinte ENLACE

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Actividade 11/11/09: traballo sobre motivación laboral


Faremos un traballo individual sobre o tema da motivación no traballo, descarga as instruccións e o guión desta actividade neste ENLACE.

Cando o teñas rematado postéao no teu blog.

Para ver outros artículos deste blog relacionados coa motivación pincha na etiqueta MOTIVACIÓN

martes, 10 de noviembre de 2009

Googelandia e a súa cultura empresarial


Para ver como se motivan os traballadores de Google, basta con ver as súas oficinas en Zurich, tamén chamadas “Googelandia

Dous españois dirixen en Google a comunidade Panoramio, que está ilustrando con fotografías os mapas do buscador.
Eduardo Manchón e Joaquín Cuenca teñen 31 anos, mozos como todo o persoal, e comparten lugar de traballo con dous compañeiros. Nos seus intres libres xogan ao Guitar Hero ou ao billar ou visitan a sala de relaxación decorada con acuarios repletos de peixes de cores, e son os fundadores de Panoramio, o sistema que permite publicar fotografías nos mapas vía satélite de Google Earth, que o buscador comprou en maio de 2007.
Nunca se soubo canto gañaron con esta compra. Eles aseguran que non tanto como para retirarse para sempre ("dependendo do que gastes") e o que lles motiva é seguir adiante co seu proxecto, ao que máis dunha vez cualifican de "o noso neno".
Xa hai cinco millóns de fotos en Panoramio, que ensinan un monumento ou lugar no punto exacto onde foi tomada. "Fotografar todo o mundo? Depende de ata onde queira chegar a comunidade", asegura Eduardo, quen subliña que en Panoramio son os usuarios quen marcan a dirección do proxecto.
"O sistema é o que mide a popularidade das fotos, dependendo da calidade, o tamaño ou as visitas que recibiu. Non se poden desvelar todos os segredos", comenta Eduardo, quen recoñece que hai certos sitios onde hai unha gran competitividade, como a Torre Eiffel, a Estatua da Liberdade ou a Praza de San Pedro no Vaticano. "Pero cada vez hai máis interese por mostrar sitios recónditos, ser o primeiro en publicar unha foto de determinada zona é tamén motivo de orgullo", engade Joaquín.
"Sempre vimos que Panoramio encaixaba perfectamente con Google", di Eduardo a quen se lle fai difícil pensar que tan só pase un ano e medio desde que lanzasen o Panoramio.
Os dous traballaban fóra de España. Joaquín en Paris como programador, e Eduardo en Alemaña como consultor independente. Un día Joaquín mostroulle a Eduardo como encaixara a foto da súa casa no Google Earth, e a partir de aí puxéronse a traballar. Un das súas grandes vantaxes foi ser unha das primeira aplicacións desenvolvidas para Google Earth, o que lle facilitou estar en contacto coa compañía, que en poucos meses, engadiulles como un enlace dentro do seu mapamundi interactivo. "Nunca pensamos que ían incorporar directamente as fotos en Google Earth. Multiplicamos por 30 o noso tráfico nun só día", recordan ambos aínda con asombro. A partir de alí, o conto de fadas, fíxose realidade.

A pirámide de Maslow

Hai quen di que os cans terminan por asemellarse aos seus donos (ou era ao revés?), e moitos anuncios teñen como obxectivo que as persoas se identifiquen cun produto, como pasa cos automóbiles.
Este anuncio da un paso máis alá, e concede ao noso automóbil os nosos sentimentos e as nosas necesidades (¡QUE QUERE O NOSO COCHE QUE LLE DEAMOS!).
Podemos ver un anuncio relacionado co tema de organización, que fai un xogo curioso entre as necesidades da pirámide Maslow e o que o noso automóbil nos demanda.

Técnicas xaponesas de motivación para comerciais

¿Por que é tan difícil desfacernos dun comercial que nos quere vender un seguro de vida ou unha enciclopedia universal?.
A resposta témola neste video

lunes, 9 de noviembre de 2009

Comunicación non verbal


O ano pasado saira unha noticia curiosa, que foi reflectida en moitos medios, e que está relacionada coa comunicación non verbal: Parece que a Angela Merkel, presidenta do goberno alemán, non lle gusta que o líder francés Sarkozy lle abrace ou lle toque cando se reúnen.

No mundo da empresa o primeiro lance de comunicación non verbal se produce no momento de dar a man.
Mira o seguinte vídeo onde nos contan que información se pode obter da forma en que se dá esa man.
Fálannos da "man pez", "man de político dominante ou de médico", de se hai que apretar e canto...

Se non podes acceder ao video proba abrindo o blog co explorador Mozilla Firefox
Fonte: probando.tv

viernes, 9 de octubre de 2009

ACTIVIDADE 16/10/09


Busca información sobre a comunicación non verbal na empresa, fai unha entrada dicindo en que consiste con algúns exemplos que o ilustren.
Podes ir aos seguintes enlaces:
http://www.lbarroso.com/index.php?option=com_wrapper&Itemid=144

http://dai2-lenguajenoverbal.blogspot.com/

onde verás un post duns alumnos doutro instituto. Pero busca tamén información pola túa conta e publícaa no teu blog.

ACTIVIDADE 09/10/09


Busca nesta PÁXINA e noutras páxinas información acerca do que é a comunicación asertiva (“asertividad”) e dos obstáculos á comunicación asertiva.

viernes, 2 de octubre de 2009

ACTIVIDADE 02/10/09 (1)



Entra no enlace e contesta as seguintes preguntas:
· ¿Que é a cultura empresarial?.
· Pon algún exemplo que ilustre esa cultura empresarial (a ser posible diferente ao que figura nese texto).

ACTIVIDADE 02/10/09 (2)


Entra no seguinte enlace http://ret.wikispaces.com/Taylorismo+y+Fordismo, mira a presentación sobre o taylorismo e as relacións científicas no traballo, mira tamén o fragmento da película "Tiempos modernos" e fai a “actividade 1”

Despois entra http://www.lbarroso.com/
> RET
e mira o artículo "TRABAJO EN CADENA" . Posteriormente contesta á pregunta:
¿Como consiguen reducir custos na factoría de PSA PEUGEOT-CITRÖEN?

Podes ver tamén vídeos reais de como é o proceso de fabricación en varias plantas da marca de automóbiles.

viernes, 25 de septiembre de 2009

suicidios en France Telecom


Unha noticia que ten moito que ver coas relacións dentro da empresa, neste caso con consecuencias extremas.
Varios empregados da mesma compañía, France Telecom, suicidáronse nos últimos anos, e os sindicatos e medios de comunicación din que pode deberse á presión á que se ven sometidos os traballadores por parte da empresa.
Lee a noticia completa no enlace

Actividade: Abreviaturas comerciais


Descarga esta actividade. Tempo estimado de realización: 10 - 15 minutos

Elementos que intervienen en la comunicación:


Emisor: Es quien emite el mensaje, puede ser o no una persona.
Receptor: Es quien recibe la información. Dentro de una concepción primigenia de la comunicación es conocido como Receptor, pero dicho término pertenece más al ámbito de la teoría de la información.
Canal: Es el medio físico por el que se transmite el mensaje.
Código: Es la forma que toma la información que se intercambia entre la Fuente (el emisor) y el Destino (el receptor) de un lazo informático. Implica la comprensión o decodificación del paquete de información que se transfiere.
Mensaje: Es lo que se quiere transmitir.
Situación o contexto: Es la situación extralingüística en la que se desarrolla el acto comunicativo.
Fuente: www.lbarroso.com

sábado, 19 de septiembre de 2009

viernes, 20 de febrero de 2009

A empresa no cine


Outro recurso educativo que aborda diferentes temas relacionados coa empresa dende o cine.Poderás ver algúns trailers de películas coñecidas que serven de axuda para reflexionar sobre temas como: a seguridade laboral, os accidentes de traballo, a motivación , o salario, os contratos, etc.