Cando fixestes a actividade do traballo en equipo, vistes a diferenza que existía entre un xefe e un líder. Así, podemos dicir que un xefe é imposto pola dirección e non necesariamente aceptado polos seus subordinados.
É fácil ser xefe, pero difícil chegar a ser líder. Moitos altos executivos teñen o poder formal, cedido pola organización, pero non teñen o poder que lles concede o equipo.
O verdadeiro líder consegue que lle sigan, non pola autoridade formal que posúe, senon pola autoridade que lle conceden os seus seguidores.
Agora faremos unha actividade individual a colgar no voso blog, traballando contidos relativos á dirección da empresa, como por exemplo:
- Funcións da dirección.
- Estilos de dirección.
- Teorías sobre o liderado.
- Etc.
Podes ver o enunciado da actividade no ENLACE