viernes, 9 de abril de 2010
Ser adicto ao traballo
Aínda que pareza mentira hai persoas que non poden desconectar do seu traballo e, ademais de dedicarlle máis horas das que lle corresponden a esta actividade, centran toda a súa vida no desenvolvemento profesional.
Podes saber máis do tema na seguinte noticia de EL PAÍS
miércoles, 10 de marzo de 2010
Actividade: Negociación laboral
Descarga o seguinte documento para traballar aspectos referentes á negociación no ámbito laboral
O traballo é individual e terás que colgalo no teu blog. Posteriormente será comentado na clase.
viernes, 15 de enero de 2010
Actividade 22/01/10: Dirección e liderado
Cando fixestes a actividade do traballo en equipo, vistes a diferenza que existía entre un xefe e un líder. Así, podemos dicir que un xefe é imposto pola dirección e non necesariamente aceptado polos seus subordinados.
É fácil ser xefe, pero difícil chegar a ser líder. Moitos altos executivos teñen o poder formal, cedido pola organización, pero non teñen o poder que lles concede o equipo.
O verdadeiro líder consegue que lle sigan, non pola autoridade formal que posúe, senon pola autoridade que lle conceden os seus seguidores.
Agora faremos unha actividade individual a colgar no voso blog, traballando contidos relativos á dirección da empresa, como por exemplo:
- Funcións da dirección.
- Estilos de dirección.
- Teorías sobre o liderado.
- Etc.
Podes ver o enunciado da actividade no ENLACE
Suscribirse a:
Entradas (Atom)